" />

Novo aumento importante de positivos detectados e lixeira suba de casos activos

Un día máis repasamos todas as cifras do avance da covid na nosa provincia. Hoxe cunha suba importante dos contaxios con respecto á xornada de onte. Así, nas últimas 24 horas e segundo informa o SERGAS, detectáronse un total de 16 positivos novos. Unha cifra moi por riba das 4 persoas que arroxaban pcr positiva no día anterior. 

Un importante aumento, que por outra banda é habitual os mércores, e que se ve reflexado tamén nunha suba no número de casos activos. Así mentres onte se rexitraban 203 persoas infectadas por covid na provincia, no día de hoxe o SERGAS informa de 207, catro máis. 

E todo nunha xornada de estabilidade en canto ás baixas, nas últimas horas tan só se deron 15 altas médicas, o que non é suficiente para contrarrestar o elevado número de positivos. 

En canto á presión asistencial, cabe reseñar un leve cambio nas cifras de hospitalización. Así, en unidades convencionais hai un paciente covid menos, un total de 7 que se reparten entre o HULA, que conta hoxe con 3 pacientes, un menos que na xornada anterior, o Hospital da Costa que baixa tamén nun paciente ata os 2; e, o Hospital de Monforte, que hoxe gaña un caso covid e queda tamén con dous. Por outra banda, continúa igual a presión na UCI do HULA con catro pacientes.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo