O novo número do San Froilán dos Devanceiros céntrase na historia do polbo nas patronais

A Alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, xunto á Concelleira de Cultura, Turismo, Xuventude e Promoción da Lingua, Carmen Basadre, presentou este venres no auditorio do Vello Cárcere un novo número, o 14, da colección literaria San Froilán dos
Devanceiros editada polo Concello, neste caso centrado na historia e as historias do polbo nas festas patronais, unha recompilación documental e fotográfica obra de Teresa Pena Moreda, directora da biblioteca pública de Lugo, e Fernando Arribas Arias, etnógrafo e investigador, que estiveron tamén no acto desta tarde.

Este libro, O Polbo no San Froilán de Lugo, “facíanos moita falta”, subliñou a rexedora, dado que ata o de agora non existían publicacións sobre o polbo nas patronais lucenses, a pesar de que “é unha das esencias das nosas festas dende a súa xénese, un dos máis recoñecidos e populares sinais de identidade do San Froilán: O San Froilán non sería San Froilán sen o polbo, e o polbo desde logo tería menos sona, mesmo mundial, sen o San Froilán”.

“Comer o polbo no San Froilán, como ben di este libro, pasou xa dende o século pasado de ser unha costume ou tradición a un ritual”, asegurou Méndez. Polo tanto, “é certo que facía moita falta recompilar a historia e as historias do pulpo nas nosas queridas festas, e non só iso, senón rememoralas a través da extraordinaria colección de fotografías que acompaña esta publicación”.

Por outra banda, a Alcaldesa quixo agradecer e recoñecer “o labor que desenvolveu quen ata fai moi poucos días foi traballador do Concello de Lugo, Darío Xohán Cabana, para facer posible esta publicación e tantas e tantas outras actividades municipais, que a maiores da súa creación literaria e traballo na Real Academia Galega, dinamizaron a
vida cultural da nosa cidade durante os últimos 30 anos”.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com