Novo repunte de contaxios na última xornada que deixa a cifra de casos activos por riba dos 1900

A Covid19 continúa a deixar o seu rastro na nosa provincia. Se no día de onte falabamos dun descenso continuado dende había catro días na cifra de casos detectados, nas últimas 24 horas o SERGAS confirmou por PCR a presenza de 184 novos positivos. Un novo record para a provincia que tamén supera xa, con creces, as 1900 infeccións.

No día de onte se celebraban a alta de 55 persoas, poucas en comparación cos contaxios novos que se rexistran a diario e que non son suficientes para reducir os casos activos que se sitúan en 1945. 

A presión asistencial, sen embargo, vaise mantendo malia o gran aumento de casos. Se ben é certo, non é de celebrar dado que os niveis de saturación dos hospitais continúan a ser moi altos. Así, nos centros da provincia se rexistran un total de 58 pacientes covid en plantas de hospitalización, 29 deles se atopan no Hospital Lucus Augusti, mentres que 17 melloran na Mariña e 11 no Hospital de Monforte. Asemade, o Hospital Privado Polusa contabiliza un caso Covid. 

No tocante ás unidades de críticos se manteñen igual que en xornadas anteriores con 15 pacientes en total dos cales 1 está na UCI do Hospital da Costa e as restantes no HULA. Doutra banda, nas últimas horas non hai que lamentar ningún falecido.

Entrada en vigor das novas restriccións

Con todo, hoxe arrancan as novas restriccións da Xunta de Galicia ante esta terceira vaga. Lembramos que a hostalería deberá permanecer pechada, e o comercio non esencial deberá baixar as súas persianas ás 18.00 horas. Asemade, quedan prohibidas as reunións de non convivintes así como toda actividade cultural. 

Asemade, na orde dictada polo Executivo Autonómico recoméndase a maiores de 75 anos e persoas vulnerables ou que deban ir sen máscara que eviten no máximo posible as saída en horas de afluencia ou concentración de persoas na vía pública e en espazos abertos ao público. 

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com