Novos paneis informativos completan o roteiro da Reserva da Biosfera Terras do Miño en Castroverde

Dous novos paneis informativos  completan o roteiro de interpretación da Reserva da Biosfera Terras do Miño, ao seu paso por Castroverde. Así o explicou hoxe o alcalde da localidade, Xosé María Arias que, xunto ao Presidente da Asociación Amigos do Patrimonio de Castroverde, Manuel Muñiz, e o Vicepresidente da Deputación, Argelio Fernández Queipo, deron contra destes avances realizados en base a un investimento de 12.400 euros.

Fernández Queipo avanzou que con cargo a este investimento “realizáronse 2 paneis interpretativos, seguindo o Manual da Reservas da Biosfera, visitas guiadas para formar aos participantes dos coñecementos básicos do patrimonio local, así como un folleto interpretativo do roteiro de Castroverde”.

O Vicepresidente remarcou que “esta iniciativa contribúe a achegar á cidadanía a riqueza patrimonial, paisaxística, e medioambiental de Castroverde, promovendo ao mesmo tempo o turismo activo e dinamizando a economía deste concello lucense. Así, todos os visitantes e veciños poderán desfrutar deste roteiro único, e onde ademais poderán coñecer outros enclaves desta localidade como a Igrexa, a Casa do Concello e o Castelo construído sobre un castro, que segundo sinalan as fontes históricas poida que sexa o que dá o nome á vila”.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo