O 1º de Maio en Lugo contou de novo con dúas manifestacións

Como ven sendo habitual cada Primeiro de Maio, Lugo contou con dúas manifestacións para celebrar o día da clase traballadora. Unha convocada polo sindicato nacionalista CIG e outra polos sindicatos CC.OO e UGT.

Centos de persoas saíron ás rúas da  cidade para reivindicar neste día a necesidade de loitar contra a pobreza salarial e social. Para lograr este obxectivo, os sindicatos defenderon “o fortalecemento da negociación colectiva, ferramenta vital para lograr traballo con dereitos”.   

As mobilizacións esixiron un cambio das políticas desñadas polo goberno nestes últimos anos, que levaron a “moitos/as traballadores/as a ficar sen traballo e sen cobertura social, por mor dos recortes impostos”.

Os/as traballadores/as ven como cada día que pasa perden máis dereitos e  son moitos/as os/as asalariados/as  que entraron nunha espiral de precariedade que non parece ter fin; mentres os indicadores macroeconómicos están a dicir que a eurozona saíu da recesión, “mais esa “teórica” melloría non se traslada as capas máis vulnerables da poboación”

“A lacra do paro de longa duración levou a que moitas familias teñan a todos os seus membros sen traballo o  que sitúa a esas familias ao borde da exclusión social e da pobreza”.

Os datos son obxectivos hai menos emprego e o que hai é de peor calidade, ao que se suma a desprotección que ten como resultado que aumente as desigualdade.

Os sindicatos solicitaron un cambio nas políticas laborais que teña como eixo central a creación de emprego, e a restitución dos dereitos  laborais. Tamén reivindicaron derrogar as últimas reformas no eido laboral e no das pensións e restablecer o Pacto de Toledo para asegurar o futuro do sistema público de pensións así como impulsar políticas industriais que contribúan a fortalecer o sistema produtivo e xerar mellor emprego e de máis calidade.

 

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com