O 26 de xuño retómanse as visitas presenciais aos museos da Rede Provincial

Os catro museos da Rede Museística Provincial retomarán as visitas presenciais o vindeiro 26 de xuño. O Museo Provincial de Lugo, o Museo Provincial do Mar de San Cibrao, o Museo Pazo de Tor e a Fortaleza de San Paio de Narla volverán recibir público presencialmente tras semanas dunha intensa actividade virtual, ofrecendo contidos e actividades adaptadas á situación sanitaria.
A Rede Museística Provincial estableceu diferentes medidas para que as visitas se fagan coas máximas garantías de seguridade. A capacidade e tempos de permanencia nos museos adaptáronse e limitáronse segundo as dimensións e características de cada espazo. O uso de máscara será obrigatorio para todas as persoas que accedan aos museos. Ademais, os catro museos contan con dispensadores de solucións hidroalcólica á entrada e á saída, para facilitar a hixiene de mans.
No interior, sinalizáronse itinerarios de forma que os visitantes farán percorridos pensados para que poidan ver as coleccións e exposicións mantendo a distancia interpersoal de 2 metros. O persoal do museo estará pendente de facer as recomendacións necesarias neste sentido, contando tamén coa responsabilidade individual para o seu cumprimento.Poderanse seguir concertando visitas guiadas pero a reserva será individual ou para grupos de

familiares ou persoas que convivan habitualmente, cun máximo de seis persoas. Os museos permanecerán abertos de martes a domingo, de 11.00 a 14.00 horas e de 17.00 a 20.00 horas. Os horarios, así como as medidas de protección e as restricións de tempo e capacidade para as visitas, poderán sufrir variacións en función da situación sanitaria.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com