" />

O albergue da Xunta en Portomarín acollerá a Copa de España de Piragüismo Infantil

A conselleira de Política Social, Fabiola García, celebra que o albergue xuvenil da Xunta en Portomarín vaia acoller a Copa de España de piragüismo infantil que terá lugar a última fin de semana do mes de xuño e destacou que reúne as mellores condicións para facelo. Durante a visita ás instalacións, que tivo lugar esta mañá, a responsable do departamento autonómico estivo acompañada do delegado da Xunta en Lugo, Javier Arias, o alcalde da localidade, Juan Carlos Serrado, e o presidente do Club Fluvial de Lugo, Tito Valledor.

Fabiola García sinalou que o obxectivo do Goberno galego é dar a este albergue a maior vida útil posible e que beneficie ao maior número de persoas. Por iso, lembrou que o pasado ano a Administración autonómica puxo este centro a disposición do Club Fluvial de Lugo para que as mozas e mozos puideran adestrar e ter acceso ao embalse de Belesar.

Neste sentido, anunciou que este acordo renóvase un ano máis, polo que as rapazas e rapaces deste Club poderán seguir adestrando neste albergue Benigno Quiroga naqueles meses que non haxa actividades, como sucede cos campamentos de verán. Así mesmo, tamén servirá para celebrar o Campionato infantil de piragüismo de España que reunirá a máis de 1.000 participantes de entre 12 e 14 anos. “O albergue Benigno Quiroga ten todas as comodidades para poñer en marcha un encontro destas características”, apuntou a conselleira.

Novas relacionadas

Unha resposta

Deixa unha resposta
  1. Avatar
    @Donatelo
    Mar 06, 2021 - 08:09 AM

    Así se atrae turismo y visitantes a la zona, poniendo en valor nuestro patrimonio natural👏👏👏👌

    Reply

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo