O alcalde da Fonsagrada acusa a xunta de torpedear os proxectos do concello

Carlos López, alcalde da Fonsagrada, acusou hoxe ao Goberno de Feijóo “de torpedear os proxectos do Concello”. Así o dixo despois de manter unha xuntanza de traballo co Delegado Provincial da Xunta, ao que solicitou a cesión do pavillón polideportivo do IES Fontem Albei, dependente da Consellería de Educación, para que sexa utilizando pola veciñanza. Ademais lembra “esta é a segunda vez que solicitamos estas pavillón, e seguimos recibindo a negativa por resposta”.

Por outra parte hai que remarcar que “os estudantes do Instituto, como todos sabemos, utilizan o Pavillón Municipal do Concello para as clases de educación física dende fai máis de 25 anos, xa que o pavillón do IES non é apto segundo o seu estado actual para a práctica deportiva”, advertiu.

Así as cousas Carlos López explica que tras facer un orzamento de 36.000 euros a través do Plan Único da Deputación para a construción de dúas pistas de pádel no Concello, “solicítamos novamente a cesión deste pavillón co fin de reformalo e realizar as cubertas desta instalación. Pero ante esta segunda negativa da Xunta, vémonos na obriga de construílas noutro emprazamento”, denunciou.

O rexedor sinala que “agora as veciñas e veciños da Fonsagrada vémonos na obriga de desfrutar dunhas pistas de pádel ao aire libre, e mentres, a Xunta seguirá cun edificio en estado de total abandono na nosa vila, sen deixar á toda veciñanza desfrutrar del”, insistiu.

Polo tanto “o Concello da Fonsagrada investirá preto de 100.000 euros para cubrir as pistas de pádel nun futuro, debido a falla de sensibilidade do Goberno de Feijoo cos proxectos do noso Concello”, resumiu López.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com