" />

O andazo segue controlado en Lugo

Un día máis segue baixo control a pandemia do Coronavirus, nas últimas 24 horas os contaxiados pola Covid-19 ascenden a duascentas vinte e tres persoas, unha máis que onte.

A  Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade da Xunta, informa que na última actualización, o número de casos activos por Coronavirus en Galicia ascende a 3.056, deles 740 son da área da Coruña, 223 da de Lugo, 588 da de Ourense, 182 da de Pontevedra, 715 da área de Vigo, 468 da de Santiago, e 140 da de Ferrol.

Do total de pacientes positivos, 34 permanecen en UCI, 253 están en unidades de hospitalización e 2.769 no domicilio. Polo de agora, en Galicia hai un total de 6.234 persoas curadas, rexistrándose 569 falecementos.

O número de PCR realizadas é de 104.990.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo