" />

O ano de Carballo Calero iniciase mañá en Fingoi

O Colexio Fingoi acollerá dende mañá a exposición itinerante Don Ricardo de Fingoi – Carballo Calero en Lugo, preparada polo Colectivo Egeria, co patrocinio da Xunta de Galicia e a colaboración do centro docente e a Real Academia Galega. A inauguración da mostra será mañá, mércores, día 15 de xaneiro ás 12.00 horas.

Ao acto asistirá o Presidente da Real Academia Galega, Victor Fernandez Freixanes; o Secretario Xeral de Política Lingüística da Xunta de Galicia, Valentín Gómez García; a filla de Carballo Calero, Margarita  Carballo-Calero Ramos, Magalí, e outros membros da familia; antigos alumnos de Carballo e Fingoi, e actuais alumnos deste Centro.

O traballo do colectivo Egeria concrétase nunha exposición itinerante de trece paneis de 2X1 m, xunto cun folleto que recolle os contidos dos paneis da mostra, sinaladores de lectura, a web desta celebración, www.carballocaleroenlugo.org, que ese día se pon en marcha, ademais dun libro que será editado con posterioridade.

No acto van intervir o Presidente da Real Academia; o Secretario Xeral de Política Lingüística; a directora do colexio Fingoi, Asunción Fernández Puentes, Siña; alumnos de educación primaria do centro, grupo de Gaitas Fingoi e a cantante e profesora de ´canto no Centro de Música Fingoi, Pilocha, que recitará un poema do autor homenaxeado co Día das Letras Galegas en 2020.

A razón de centrarse inicialmente en Fingoi esta homenaxe é o ter sido Ricardo Carballo Calero, durante quince anos (1950 a 1965)  profesor e conselleiro delegado deste Colexio, tendo efectuado en Lugo parte esencial do seu excepcional traballo creador e investigador.

A próxima semana, a partir do mércores, 22, esta exposición estará aberta ao público na sala de exposicións da Delegación Territorial da Xunta de Galicia en Lugo.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo