" />

O Arde Lucus batalla contra o sexismo

A Concellería de Benestar Social, Igualdade e Inclusión, que dirixe a edil Ana González Abelleira, vén de poñer en marcha a campaña Arde Lucus Libre de Sexismo, cuxo obxectivo é fomentar a importancia de cortar co machismo e co sexismo en todos os espazos, incluíndo tamén estes festexos.

A iniciativa do goberno de Lugo pide non invadir o espazo de ninguén sen o seu consentimento e lembra que o alcohol non xustifica as condutas de abuso, que os piropos e os chistes homófobos, misóxinos, tránsfobos e lesbófos son intolerantes, e que ningunha caracterización é unha invitación ao acoso. Así mesmo recorda non facer comentarios e tocamentos nin calquera outro comportamento sen permiso.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo