" />

O Arde Lucus celebrarase entre o 16 ao 19 de xuño, con máis de 400 actividades

A Alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, e a Concelleira de Cultura, Turismo, Xuventude e Promoción da Lingua, Carmen Basadre, presentaron este venres en Porta Miñá o programa do Arde Lvcvs 2016, que por primeira vez, e coincidindo co seu quince aniversario, durará catro días, do 16 ao 19 de xuño. Ao acto tamén asistiron membros das asociacións Lucus Equites, Caetra, Senatus Lucus Augusti, Mercenarios, Asamblearias Lucus Augusti, Guardia Pretoriana, Clan de Breogán, Lugdunum e Trebas Galaicas.

Nesta 15ª edición do Arde Lvcvs haberá unhas 400 actividades diferentes dirixidas a todos os públicos, entre as organizadas polo Concello e as asociacións, das que medio cento son totalmente novas. “O Arde Lvcvs é unha festa dinámica, viva e en constante renovación, por iso cada ano introducimos novidades”, subliñou a rexedora. Entre estas novidades destaca o Convivium -unha comida de confraternidade romana-,

Lara Méndez tamén lembrou que se manteñen actividades de gran éxito, como é o Circo Romano, que reúne a máis de 6.000 persoas en cada edición, e diferentes actuacións teatrais de todas as compañías de teatro na rúa. As entradas poranse á venda a vindeira semana en www.entradaslugo.es e no Centro de Interpretación da Muralla por un prezo de 2 euros.

O Arde Lvcvus arrincará o xoves, ás 18:00 horas coa apertura simbólica das porta da cidade, a cargo da Guardia Pretoriana, outra das novidades. Tamén este ano, e por terceira vez, realizarase un desfile de tropas romanas e das tribus castrexas pola Ronda da Muralla, o sábado ás 20:30 horas, con máis dun milleiro de persoas desfilando de 38 asociacións diferentes. Delas 17 son de fóra de Galicia –Navarra, Cantabria, Astorga, León, Teruel, Cartagena ou Cacabelos- e incluso de España –Portugal e Italia-. De Lugo incorpóranse 2 novas, Clan de Breogán e Pax Romana Lvcvx. Ademais, 5 perruquerías participan no Ornatrix e a entidade local ten convocado o segundo concurso de escaparatismo e decoración de establecementos. O Arde Lvcvs 2016 tamén contará cos máis cativos para que desfilen polas rúas da cidade (o domingo a partir das 11:30 horas dende San Marcos), participando 20 colexios da cidade.

Alcance social, turístico e económico do Arde Lvcvs

Durante a presentación, a  Alcaldesa destacou o alcance social, turístico e económico do Arde Lvcvs, que no pasado ano deixou uns 6 millóns de euros na cidade en 3 días e ata un 98% de ocupación hoteleira, concentrando en Lugo a unhas 600.000 persoas, “o que pon de manifesto que esta festa de recreación histórica é un motor imprescindible para axudar ao desenvovemento da nosa cidade e para que cada vez mais xente nos coñeza e nos visite”.

Campamentos

Carmen Basadre deu a coñecer os emprazamentos dos campamentos das diferentes asociacións. A Castra de Lvcvs Augvsti estará no Carril dos Fornos, o Senatvs Lvcvs Avgvsti na Praza da Constitución, xunto con Pax Romana. As Asamblearias Lvcvs Avgvsti nos Xardíns do Museo Provincial e a Cohors III Lucensium na Prza Maior, onde tamén estarán as Vestais. A Praza de San Marcos acollerá o campamento da Guardia Pretoriana, a Praza Horta do Seminario, os Mercenarios Galaicos, o Cantiño Nemesio Cobreros a Trebas Galacias e a  Praza Anxo Fernández Gómez, Castroneia. Ademais haberá desfile dos Salestiani Lvcvs Avgvsti, O Descanso dos Deuses e o Campamento dos Artifex na Praza da Constitución e as Ornatix na rúa da Raíña con Xoán Montes

O Arde Lvcvs, a mellor festa de España

Arde Lvcvs aspira a ser unha das 7 mellores festas de España nun concurso a nivel nacional que busca os mellores festexos, a través dunha plataforma online de votación. Actualmente, con preto de 700 festas competindo, o Arde Lvcvs está na primeira posición, con máis de 4.600 votos. O prazo para as votacións estará aberto ata o 31 de decembro e todos os usuarios poderán votar a través da web www.las7mejores.com.

Programa completo DEF_GALEGO

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo