O Arde Lucus deixou na cidade uns 12 millóns de euros

O Arde Lucus tivo unha repercusión económica na cidade de 12 millóns de euros segundo as estimacións do Goberno local, que esta mañá facía un balance do que supuxeron para Lugo estes catro días de festexos.

A concelleira de Cultura, Carmen Basadre, reiterou que o Arde Lucus 2016 “superou todas as expectativas” do Goberno local ao sobrepasar a barreira dos 600.000 mil visitantes. Ademais, acudiron un 45% máis de persoas á oficina de turismo da cidade e algunhas actividades tiveron unha mellor acollida que outros anos. É o caso do desfile do sábado, ao que acudiron máis de 100.000 persoas ou a queima da Moemium, ao que asistiron unhas 12.000 segundo os datos manexados no Concello.

Sobre a posibilidade de mudar o festivo do martes Entroido polo venres ou luns do Arde Lucus, a concelleira de Cultura sinalou que dende o Goberno local consultarán a todos os sectores implicados para saber que día prefiren, se o venres ou o luns, e abría a porta a realizar unha consulta nas redes sociais para que tamén se poidan pronunciar todos os veciños. Outra opción que se consultará será a de consolidar o cuarto día dos festexos.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com