O Arde Lvcvs participa na asamblea da AEFRH en Ribadavia

A Concelleira de Cultura, Turismo, Xuventude e Promoción da Lingua do Concello de Lugo, participou no día de hoxe, en Ribadavia, na Asamblea anual da Asociación Española de Festas e Recreacións Históricas (AEFRH), da que forman parte os festexos do Arde Lvcvs.

Ao longo da xornada de hoxe, tiveron lugar distintas reunións propias da asamblea, onde, ademais dos temas ordinarios da xestión da asociación española, se formalizou a incorporación de nove festas, que pasarán a ser membros da AEFRH. Así mesmo, no encontro trabllallouse sobre as actividades, publicacións, asistencias a eventos e novos obxectivos a curto prazo para este coletivo. Tamén se presentou o novo vídeo promocional elaborado con fragmentos de vídoes de todas as festas para a promoción en feiras e eventos turísticos, tanto en territorio nacional como europeo a través das actividades da Confederación Europea e Manifestacións Históricas, á que pertence a AEFRH, exercendo a presidencia por un período de tres anos. De feito, Lugo foi no ano 2016 a primeira cidade española que acolleu a asamblea da Confederación Europea.

A AEFRH realiza estas reunións nas distintas localidades ás que pertencen as festas asociadas, co obxectivo de que todos elas teñan a oportunidade de amosar a riqueza e historia de cada lugar. En torno a un centenar de persoas, pertencentes a 26 recreacións históricas que xa forman parte da AERFRH participaron neste encontro, que se completa cun programa paralelo de actividades para coñecer a localidade e o seus recursos turísticos. Ademais, programáronse outras actividades teatralizadas para difundir e promover a Festa da Istoria.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com