" />

O Ateneo Galeguista organiza a conferencia de Antonio Carro ‘Masonaría e Galeguismo’

A Asociación Cultural Ateneo Galeguista de Lugo organiza para o vindeiro mércores, día 27 de marzo, ás 19:30 horas, na Biblioteca Nodal de Lugo a conferencia a cargo do ex profesor de Dereito Constitucional da USC, Antonio Carro Fernández-Valmayor, ‘Masonaría e Galeguismo’.

Carro Fernández- Valmayor, foi profesor de dereito constitucional da USC, ocupou diversos cargos públicos como o de vicepresidente do Parlamento de Galicia ou o de tenente de alcalde do concello de A Coruña. Experto en estudos sobre a relación entre a masonaría e galeguismo, é membro da Loxia Curros Enríquez e un dos máis destacados estudosos da historia da masonaría en Galicia.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo