" />

O Banco de Alimentos de Lugo recibe da Xunta 100 toneladas de patacas

O Banco de Alimentos de Lugo, ven de recibir da Consellería do Medio Rural  un total de 100 toneladas de patacas, que esta remata de mercar, co fin de que esta institución poida  repartir dito produto alimentario entre ás familias que o demanden nas sedes de Cáritas de todo o estado.

Segundo información transmitida polo Director Xeral de Gandaría, Agricultura e Industrias Agroalimentarias, José Balseiros, ao Delegado Territorial da Xunta en Lugo, José Manuel Balseiro. Nunha reunión que mantiveron esta mañá, por medio de videoconferencia, os dous cargos da Xunta de Galicia.  Ademais  o director xeral agradeceu a colaboración dun produtor da Asociación de Empresarios, Gandeiros e Agricultores da Limia (Adegal), que cedeu outras 30 toneladas para esta causa.

A Consellería mercou este produto a través da nova canle de comercialización Mercaproximidade, esta canle, botou andar o pasado 15 de abril, tendo a día de hoxe máis de 100 produtores interesados en adherirse a esta fórmula de venda, co fin de apoiar o sector primario galego nesta situación de emerxencia sanitaria debido ao Covid-19. Deste xeito, o Goberno galego dalle  saída aos excedentes dos pequenos agricultores e gandeiros galegos,  e así  minimizar   a perda de ingresos que poidan ter estes produtores debido ao peche das súas canles habituais de comercialización por mor do andazo.

Esta actuación excepcional de compra de mercadurias,  foi impulsada pola Xunta para poder adquirir produtos  agroalimentarios  a produtores que están tendo problemas para dar saída aos mesmos, polo  peche provocado pola pandemia, na hostalaría, na restauración e nos mercados tradicionais e de proximidade.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo