" />

O Bloque Nacionalista Galego pide un plan específico para a rúa Lamas de Prado

Tras unha visita ao barrio de Lamas de Prado a voceira do BNG no concello de Lugo, Paz Abraira, anunciou a presentación dunha serie de iniciativas para pedir a mellora de diversos aspectos do barrio.

Para o BNG compre mellorar a limpeza das rúas e beirarrúas, ademais de esixirlles aos propietarios a limpeza e peche dos solares.
Tamén sinalou que existen problemas coa presenza de roedores, e que deben de incrementarse as medidas de desratización que o Concello ven aplicando.

Os veciños explicaron que xa fixeran diversas reclamacións ao concello pero todas elas foron desatendidas. Entre outras cousas, os veciños presentaron reclamacións para que se restauraran os bancos da zona, e se procedera ao arranxo das beirarrúas que se atopan deterioradas.
Outro dos aspectos que reclaman as persoas que viven en Lamas de Prado, é que se atendan debidamente as árbores exitentes, xa que moitas delas son foco de suciedade para os edificios próximos.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo