O BNG-AA anunciou que pedirá información sobre os atropelos sufridos no concello durante os últimos 5 anos

O voceiro do BNG – AA, Rubén Arroxo, referiuse hoxe ao importante número de atropelos que sofren os peóns na cidade de Lugo. Arroxo dixo “case todos os días vemos na prensa novas que informan de atropelos en diferentes rúas da cidade pero o goberno non facilita cifras oficiais, por iso presentaremos unha pregunta en comisión para  saber que é o que está a suceder realmente”.

O voceiro do BNG-AA anunciou que pedirán en comisión información sobre os atropelos sufridos no concello durante os últimos 5 anos e sobre as medidas previstas para evitalos “entendemos que o goberno municipal estará preocupado por este asunto e terá algunha previsión para tentar frear esta lacra”. Arroxo destacou que “son accidentes, pero segundo as políticas que se apliquen en materia de tráfico teñen repercusión e poden servir para inverter tendencias ou permitir que se continúen incrementando

Rubén Arroxo declarou, “nós levamos presentando propostas durante todo o mandato para que se tomen medidas de calmado do tráfico na cidade, se cree a mesa da mobilidade e se tome en serio este asunto”. Para o BNG – AA “o tráfico en Lugo funciona por si solo por unha falta de proxecto político para a cidade, non hai presenza policial por falta de mando da súa máxima responsable que é alcaldesa e o único que se fixo foi poñer sinais luminosas nalgúns pasos de peóns que non serven para nada se non van acompañadas doutras medidas”.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com