" />

O BNG-AA lamenta que o Concello de Lugo non faga nada cos atropelos que ocorren na cidade

O voceiro do BNG – AA no Concello de Lugo, Rubén Arroxo, lamentou que no anuncio feito pola acaldesa sobre as medidas que se van a tomar a respecto do control do tráfico e dos estacionamentos non se tivese en conta ningunha medida para previr os atropelos, “xa que no que vai da ano a cidade mantén unha media de máis de 1 atropelo por semana”.
Ademais, Arroxo sinalou que “parece que hai máis preocupación polas cagadas dos cans, que por evitar atropelos que, neste ano, xa deron unha vítima mortal“. Dende o BNG agardan que o Concello de Lugo faga efectivo este anuncio “e que non pase o mesmo que ca limitación a 30 na ronda da muralla que quedou neso, nun anuncio”.

Arroxo lembrou que segundo os datos recollidos no informe emitido pola Policía Local o número do atropelos no ano 2015 foi de 57 dos cales 31 foron no pasos de peóns e no 2016 foi de 61 dos cales 24 foron no pasos de peóns. No informe da Policía Local só se reflicte un atropelo con vítima mortal, no 2016, nun paso de peóns.

O voceiro nacionalista lembrou, tamén, que fai unha semana lle presentou ao goberno municipal unha proposta para poñer en marcha un plan de control semanal de pasos de peóns. Para a execución deste plan de control semanal de pasos de peóns o goberno municipal deberá poñer en marcha un operativo, contando coa policía local e a axencia de mobilidade, no que se seleccionen dez pasos de peóns conflitivos cada semana e establecer os controis informativos pola mañá e pola tarde.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo