" />

O BNG-AA pide “axilidade” para retirar o tapón urbanístico da avenida da Coruña

O BNG-AA urxíu esta mañá a execuciòn do derribo do tapón urbanístico sito na avenida da Coruña. O voceiro nacionalista, Rubén Arroxo sinalou que “o 25 de outubro de 2017 a rexedora anunciou, nunha visita mediatica, o inmediato derribo deste muro”. Arroxo lembrou que “foron numerosas as mobilizacións veciñais aos que o BNG sempre amosou o seu apoio e agora seguiremos traballando para que esta histórica demanda veciñal se execute e non quede unicamente nun anuncio dos que fai o PSOE”.

Os ediles do BNG achegáronse ata o lugar no que se atopa o tapón urbanístico e reuníronse con veciñanza da zona que manifestou o seu desencanto coas promesas feitas pola alcaldesa por que “non se ve que se faga nada e o muro segue ahí coma sempre”. Rubén Arroxo sinalou que “entendemos que houbo que facer diferentes trámites, mais o compromiso da alcaldesa foi de que o muro se eliminaría a finais do ano 2017, estamos no mes de abril e aínda non se executou o derribo”.

O muro da avenida da Coruña leva anos causando molestias a todas as persoas que transitan pola estreita beirarrúa que queda constreñida pola existencia deste tapón. Para o BNG “é unha mostra máis da incapacidade dos gobernos do PSOE para atender as necesidades reais das veciñas e veciños”.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo