" />

O BNG-AA propón unha Ordenanza Cívica dirixida aos cargos públicos

O voceiro nacionalista, Rubén Arroxo, presentou hoxe unha enmenda á totalidade da Ordenanza Cívica que pretende instaurar o goberno municipal. Para o BNG-AA, esta normativa debería culpabilizar e castigar aos cargos públicos das eivas da cidade e non á cidadanía. En 59 artigos, o BNG corrixirá a Ordenanza Cívica, asegurando a retirada de certos privilexios dos responsables públicos e proporcionando certas obrigas.

Na Ordenanza proposta polo BNG proponse que en vez de aplicar sancións polo estacionamento indebido, os cargos públicos tomen medidas para crear as necesarias prazas de aparcamento e ordenar as existentes. “En vez de criminalizar a pobreza ou a quen exerce a prostitución débense aplicar políticas para que axudar ás persoas a saír desa situación”, explicou Arroxo e sinalou “sancionase a quen fai a súas necesidade fisiolóxicas no espazo público, pero mantéñense pechados os baños públicos de varias prazas da cidade dende fai moitos anos”. 

“A Ordenanza Municipal propón sancións para as nenas e nenos que xogan na rúa nós queremos que se creen espazos seguros para o ocio infantil e entendemos que os cargos públicos teñen a obriga de atender esta necesidade”, afirmou Arroxo. Nos 59 artigos desta ordenanza presentada polo BNG-AA recóllense obrigas, prohibicións e boas prácticas para cargos públicos.

Entre as prohibicións recollidas está o estacionamento de vehículos oficiais en zonas peonís cando estes sexan para o uso do desprazamento de cargos públicos, e persoas con responsabilidades de xestión e goberno do Concello de Lugo ou de calquera outra administración. Rubén Arroxo puxo como exemplo a xestión da mobilidade na cidade de Pontevedra onde o alcalde foi o primeiro en dar exemplo ao resto de veciños e veciñas á hora de respectar as zona peonís.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo