BNG Lugo reclama unha solución para a praza de Conde Fontao BNG Lugo reclama unha solución para a praza de Conde Fontao

O BNG-AA reclama unha solución para a praza de Conde Fontao

O voceiro do BNG-Asambleas Abertas, Rubén Arroxo, anunciou hoxe que a formación que representa presentará un rogo para que o goberno municipal busque unha solución para a praza de Conde Fontao. Para o BNG está praza, situada fronte á estación do ferrocarril, “é un dos puntos da cidade que ten unha máis deficiente ordenación do tráfico ademais dos problemas estéticos e de limpeza da zona“.

Rubén Arroxo sinalou unha serie de deficiencias que “compre correxir o antes posible nesta praza que é a porta de entrada para moitas persoas que chegan a Lugo por estrada o ferrocarril“. Asemade Arroxo, referiuse ao transito de vehículos nesta praza e lembrou que “existe unha falsa rotonda na que non se sabe quen ten preferencia e un paso de peóns sobre esa falsa rotonda“. Arroxo dixo que “é necesario incrementar a seguridade para a circulación de vehículos e persoas“.

O voceiro do BNG-AA, estivo acompañado da edil Maite Ferreiro, quen pediu “que se adecente as beirarrúas na praza Conde de Fontao, en fronte da estación do ferrocarril“. Ademais os nacionalistas tamén pedirán que se controlen os predios que permanecen abertos e que provocan a invasión da beirarrúa pola vexetación expontánea “o concello debe dar unha solución aos solares que acumulan lixo e maleza e que deben ser limpados polos seus propietarios“, sinalou.

O concello debe de arranxar esta beirrúa por que o estado das beirarrúas e a invasión de vexetación procedente de edificios ruinosos e predios baleiros supoñen un perigo para as persoas que transitan pola zona.

Ademais o mal estado no que se atopa esta zona é a primeira imaxe que reciben de Lugo todas as persoas

 

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com