O BNG abandona a comisión de seguimento de asuntos plenarios “ata que se dea unha solución ao tema do bus”

O BNG abandonou hoxe a comisión de seguimento de asuntos plenarios “despois de que a alcaldesa non fora capaz de dar unha resposta diferente á que leva repetindo durante máis de un ano”, explicou Maite Ferreiro e sinalou “é unha tomadura de pelo que non se dea ningunha información sobre os acordos relativos á concesión do servizo de bus”. Ferreiro avanzou que “o BNG non volverá a ningunha comisión deste tipo ata que, polo menos do bus, non se dea ningunha resposta concreta”.

A edil do BNG explicou que “entendemos que hai asuntos que teñen complicación técnica ou burocrática e que hai que agardar tempos por que non teñen fácil solución, pero parécenos inadmisible que no asunto do bus se sigan dando largas e se nos siga ocultando información”. O pleno do concello de Lugo aprobou reiteradamente iniciativas “para que o goberno poña en marcha o sistema de seguimento das liñas de bus e que se informe aos grupos da corporación de todas as cuestións relativas ao novo contrato do servizo de buses”.

Maite Ferreiro avanzou “dende o BNG seguiremos traballando para que o bus funcione en Lugo, por que o concello ten os medios e as ferramentas para facer que a empresa poña en marcha medidas para modernizar o servizo e poñelo á altura deste século”.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo