" />

O BNG afirma que Lugo é o paradigma do deterioro do ferrocarril en Galicia

A Deputada do BNG, Rosana Pérez, presentou hoxe en Lugo a iniciativa que levou ao Congreso dos Deputados reclamando o mantemento de servizos na estación do ferrocarril de Lugo e a reactivación de liñas ferroviarias.

Pérez asegurou que “Lugo é o paradigma do deterioro do ferrocarril en Galiza”. Para o BNG “este deterioro que vemos na estación de Lugo e que impera noutras estacións, é a imaxe delatora dos recortes do goberno do estado en materia ferroviaria”.

Rosana Pérez sinalou que “na estación do tren de Lugo a taquilla de venta de billetes, así como o punto de información, so permanecen abertos en horario de mediodía”, e engadiu que “resulta casi imposible encontrarse a traballadores de Renfe a quen dirixirse en caso de problemas ou dúbidas”.

Para o BNG “resulta preocupante que a Estación do Ferrocarril, que é porta de entrada a unha cidade cun elemento turístico patrimonio da humanidade, teña esa imaxe que é, para os visitantes, a primeira imaxen que reciben de Lugo”. Tamén lembrou que “en maio de 2014 a Ministra de Fomento sinalaba nunha sesión plenaria do Senado que o proxecto da estación intermodal de Lugo, así como a alta velocidade, van adiante” e engadiu que “a titular de Fomento indicaba que se ían destinar 3 millones de euros para a mellora da estación actual. Todas as inversións que se fagan non serven de nada se non se lle da vida ao ferrocarril e ás estacións”.

Rosana Pérez compareceu acompañada das persoas que encabezan as candidaturas do BNG-Asambleas Abertas nos concellos da comarca de Lugo polos que pasa a vía do ferrocarril. Os candidatos do BNG-AA de Lugo, manifestaron a necesidade de que este medio de transporte público incremente as liñas de cercanias e sirva como elemento vertebrador da comarca.

A deputada do BNG pedirá ante o Ministerio de Fomento, “explicacións sobre o recorte de persoal e prestacións na estación de Lugo. Rosana Pérez preguntará tamén sobre a situación na que se atopa a tramitación da prometida estación intermodal de Lugo”.

 

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo