O BNG anima á participación na manifestación nacional do Día da Patria Galega

O BNG presentou en Lugo a súa campaña con motivo do Día da Patria Galega, que este ano se celebra baixo o lema “Somos unha nación, soberanía e dereitos nun mundo en paz”, e fixo un chamamento á cidadanía para participar na manifestación nacional convocada para o vindeiro 25 de xullo en Santiago de Compostela.

A formación nacionalista sinala que esta xornada constitúe unha das principais citas do seu calendario político e reivindicativo, para expresar o seu apoio a unha maior capacidade de decisión para Galiza, á defensa dos dereitos sociais e á promoción da paz.

Durante a presentación da campaña, o BNG puxo o acento na importancia do Día da Patria Galega como unha ocasión para reivindicar a identidade, a lingua, a cultura e a historia do país, así como para defender a capacidade de Galiza para decidir sobre o seu futuro.

Co obxectivo de facilitar a asistencia desde Lugo, a organización informou de que habilitará un autobús con saída ás 9.30 horas cara a Santiago de Compostela. As persoas interesadas en participar poderán reservar praza a través do local comarcal da formación.

A manifestación está prevista para as 12.00 horas con saída desde a Alameda de Santiago e enmárcase nos actos convocados con motivo da celebración do Día da Patria Galega.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com