O BNG apoia a manifestación feminista do 3 de marzo, previa á folga feminista do Día da Muller

O BNG presentará unha iniciativa no pleno do concello de Lugo para que a corporación amose o seu apoio á manifestación do 3 de marzo e á folga feminista do 8 de marzo. Maite Ferreiro explicou que este ano a manifestación feminista principal en Galicia celebrarase en Lugo, será o 3 de marzo, baixo o lema: Por todos os dereitos, por todas mulleres, revolta feminista !!!. A mobilización está impulsada pola plataforma Galegas-8M e o BNG apoiará a manifestación coa presenza da súa portavoz Ana Pontón, e cargos orgánicos e institucionais que se achegarán a Lugo dende diferentes puntos país.

A Comisión de Acción Feminista do BNG de Lugo reuniuse para darlle forma ao apoio que o BNG fará das mobilizacións de marzo. Maite Ferreiro asegurou que “despois do éxito destas mobilizacións, convocadas polo feminismo galego no pasado ano, temos que seguir mandando unha mensaxe clara e provocadora, capaz de xerar debate e remover a conciencia,  porque ante a desigualdade e a violencia contra as mulleres non caben medias tintas nin novos discursos que pretenden devolvernos a épocas ben escuras do pasado”.

Ferreiro sinalou “as mulleres ímonos mobilizar por que ademais de todo o que esta sucendendo coa violencia machista, a fenda salarial, súmanse cuestións indignantes as mensaxes de líderes politicos da dereita e ultradereita, ou campañas paternalistas e cousificadoras toda unha mostra do neomachismo que retrata a visión que o PP e outros partidos teñen das mulleres”.

Ferreiro aproveitou para facer un chamamento á participación nas mobilizacións previstas de cara ao Día internacional da Muller, empezando pola manifestación do día 3 de marzo en Lugo e seguindo pola folga laboral do 8M, “que se note nos centros de traballo, que se note no consumo e que se note nas casas”, instou a edil do BNG, “porque o mundo non pode funcionar sen as mulleres, pero as mulleres non queremos seguir funcionando con desigualdade”, concluíu.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com