" />

O BNG- Asambleas Abertas aposta por un aparcadoiro público e gratuíto no HULA

–Asambleas Abertas aposta por un aparcadoiro público e gratuiro no HULA. O candidato á alcaldía, Rubén Arroxo, lembrou que “o PP privatizou o parking subterráneo e o PSOE incumpriu a súa promesas do Leira-parking, mentres pemitía a instalación de aparcadoiros privados no entorno no hospital”.

A candidatura do BNG-Asambleas Abertas fixo unha ocupación simbólica do parking do HULA coa súa caravana e bicicletas para reivindicar que “hai que devolverlle ao pobo o que é do pobo e non se pode fomentar que uns cantos se enrriquezan a conta da enfermidade das persoas”.

Durante a tarde, unha caravana duns 20 ciclistas percorreu as rúas da cidade. Arroxo sinalou que “”queremos unha cidade para as persoas e imos a loitar por ela dende a corporación municipal, precisamos o maior apoio dos lucenses para que Lugo sexa un sitio máis amable e vivible””. Ademais deste acto de ocupación do aparcadoiro do HULA que agora é xestionado por unha empresa privada, o BNG – Asambleas Abertas tivo nesta última xornada da campaña electoral encontros con varios colectivos e un acto na parroquia de Calde.

Arroxo anunciou que durante a xornada de reflexión adicará unha parte da mañá á practica da escalada no Veral e pola tarde asistirá á Copa Deputación de Atletismo que se celebra nas pistas de atletismo da As Pedreiras.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo