" />

O BNG-Asembleas Abertas acusa ao Concello de estafar aos residentes que tiñan tarxeta anual para a ORA

O voceiro do BNG-Asembleas Abertas no Concello de Lugo, Rubén Arroxo, anunciou que pedirá información sobre as intencións do goberno municipal ao respecto “das reclamacións que numerosos cidadáns presentaron polo perxuizo que lles supuxo a interrupción do funcionamento do sistema de regulación de aparcamento”. Arroxo dixo que moitos residentes tiñan aboada a taxa para pode utilizar a tarxeta de residente durante todo o ano e “agora perderon os cartos e non teñen onde aparcar”.

Arroxo destacou que esta situación aféctalles a centos de lucenses que residen ou teñen establecementos nas rúas nas que estaba implantado o sistema ORA. Para o BNG-Asembleas Abertas “o goberno municipal ten que dar unha solución rápida e axeitada devolvendo a porcentaxe correspondente do importe aboado polas persoas usuarias”. Arroxo explicou que o bono anual para poder aparcar, os residentes, nas zonas reguladas ascendía a 31,20 €  e dixo que “o goberno municipal non está a dar solución ás reclamacións de veciños e veciñas que dende xullo quedaron sen ter onde aparcar e co pago feito”.

Para os nacionalistas unha institución como o Concello de Lugo “non pode lucrarse dos cidadáns e agocharse cando a xente presenta as correspondentes reclamacións”. Arroxo indicou que “o Concello é o primeiro que ten que dar exemplo a respecto do cumprimento das obrigas” e engadiu que “está claro que o equipo de goberno non valorou as consecuencias que tiña a suspensión do sistema ORA, nin está a atender os problemas derivados desta decisión pouco meditada”.

 

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo