" />

O BNG–Asembleas Abertas pide unha maior atención para A Croa

Concelleiros do BNG – Asembleas Abertas visitaron A Croa, onde veciños e veciñas demandaron a súa presenza para reivindicar unha maior atención para o barrio. Os nacionalistas presentaron un escrito dirixido á alcaldesa para que se tomen medidas en canto á limpeza, control da vexetación espontánea e mellora da mobilidade no barrio.

Unha das necesidades máis urxentes a solucionar é que as persoas do barrio que teñen que desprazarse en cadeira de rodas poidan acceder ás beirarrúas sen dificultade. O BNG – Asembleas Abertas propón que se tomen as medidas necesarias e que se fagan os rebaixes necesarios para facilitar a mobilidade.

Neste momento tanto as beirarrúas como algúns predios da Croa están cheos de vexetación que incrementa considerablemente a suciedade da zona. Ademais a ramaxe dalgunhas árbores pode resultar perigosa nos días de moito vento polo perigo de desprendemento enriba de persoas ou vehículos. Ademais os nacionalistas reclama que se mellore a limpeza da zona.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo