O BNG–Asembleas Abertas reclamará información sobre o estado de execución das partidas dos orzamentos participativos

O grupo municipal do BNG – Asembleas Abertas presentará unha iniciativa dirixida á comisión de Economía, para que se difunda información sobre o estado de execución das partidas orzamentarias asignadas aos proxectos presentados dentro do programa de orzamentos participativos do ano 2015. Rubén Arroxo afirmou “o espíritu deste tipo de actuacións está na súa difusión para que a xente saiba que está a ter unha participación real”.

Rubén Arroxo sinalou que “o goberno municipal debe informar e acometer con transparencia a execución dos proxectos aprobados para avanzar neste tipo de iniciativas”. Dende o BNG – Asembleas Abertas consideran necesario que o Concello de Lugo avance na implantación dos orzamentos participativos “para que sexa a xente quen decida en que se debe gastar unha parte do orzamento municipal”.

Os nacionalistas dirixiron unha pregunta para saber cales son as medidas previstas para incrementar a participación da xente e así avanzar nesta iniciativa que xa fora proposta polo BNG en diversas ocasións. Arroxo apostou por “implantar un sistema no que a xente dos barrios e as parroquias poidan decidir”. Arroxo explicou que “se debe fomentar a participación da xente e chegar a todas as persoas e colectivos que desexan participar en facer que Lugo funcione”.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com