O BNG critica que a Deputación anuncie máis hortos urbanos mentres os do Concello están abandonados

O voceiro do BNG e candidato á alcaldía, Rubén Arroxo criticou a falta de seriedade dos gobernos socialistas de Concello e Deputación. Arroxo manifestou a súa sorpresa polo recente anuncio da Deputación de ampliar as zonas adicadas a hortos urbanos “mentres os que proxectou o concello nunca chegaron a funcionar a pesar do investimento feito e de terse anunciado”. Arroxo sinalou “creáronse unhas bases para a concesión deste hortos, abriuse prazo de solicitude e incluso se chegou a facer unha adxudicación a persoas concretas destes espazos no parque dos Paxariños”.

Arroxo lembrou como a proposta de creación de hortos urbanos “é unha proposta do BNG” e engadiu “entendemos que ten que haber hortos en diferentes zonas da cidade e sempre manifestamos a nosa opinión contraria á ubicación no parque dos Paxariños”. Arroxo explicou que “o PSOE nunca quixo facer os hortos urbanos municipais e a proba é que seguen sen facerse”. A ubicación no parque de Paxariños foi criticada, no seu momento, polo BNG por tratarse dun espazo pouco axeitado polos malos accesos por existir uns hortos da Deputación nun lugar relativamente próximos como o entorno do río Rato.

O voceiro do BNG comprobou o estado de abandono do espazo que deberían ocupar os hortos urbanos municipais proxectados no parque dos Paxariños. “Advertímoslle ao goberno que este non era o lugar idóneo e aínda así houbo persoas que solicitaron estes espazos para traballalos, quedou xente en lista de agarda para conseguir un horto neste espazo, fíxose o investimento e a realidade é tan teimuda que demostra que o PSOE nunca quixo hortos urbanos” setenciou Arroxo.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com