O BNG de Baleira consigue o apoio por unanimidade do pleno para a reforma do pavillón municipal

O acordo prevé elaborar unha memoria técnica e estudar un espazo cuberto para o alumnado que agarda polo transporte escolar

O pleno do Concello de Baleira aprobou por unanimidade o pasado 5 de agosto unha proposta do BNG para analizar o estado do pavillón polideportivo municipal e definir as actuacións necesarias para a súa rehabilitación.

A instalación é utilizada habitualmente polo alumnado do CEIP Plurilingüe Concepción López Rey. Segundo a iniciativa presentada polo grupo nacionalista, o pavillón presenta deficiencias na cuberta que provocan filtracións, goteiras e humidades, ademais de necesidades de mellora nos vestiarios e nos baños.

O acordo contempla que o Concello encargue unha memoria ou informe técnico para avaliar de maneira integral o estado do edificio, identificar as deficiencias, establecer as intervencións necesarias e calcular o seu custo.

O documento deberá estudar tamén a viabilidade de construír un corredor cuberto anexo ao centro educativo, destinado a protexer da chuvia o alumnado mentres agarda polo transporte escolar.

O portavoz municipal do BNG, Tino Díaz, valorou o apoio dos grupos da corporación e reclamou que se inicie a tramitación do informe. A formación considera que, unha vez definidas as obras e o seu orzamento, o Concello deberá procurar financiamento noutras administracións.

 

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com