" />

O BNG defenderá no vindeiro pleno unha nova regulación da tarifa eléctrica

O Portavoz do BNG de Lugo, Rubén Arroxo, anunciou que vén de presentar unha proposición para o vindeiro pleno municipal na que defenderá unha nova regulación eléctrica, pensada para a veciñanza galega. Rubén Arroxo explicou que “coa nova tarifa imposta polo goberno do Estado, a maioría dos consumidores imos ter un aumento nos custes cunha tarifa que condiciona un posible aforro na factura a un cambio nos hábitos de vida”.

 “Se unha familia non quere pagar máis pola luz, ten que poñer a lavadora, usar a prancha, poñer o lavalouzas, usar o forno ou facer calquera tarefa que supoña consumo eléctrico a partir das doce da noite, iso non é compatible co descanso nin coa conciliación”, asegurou Rubén Arroxo, que engadiu “sendo Galicia produtora de electricidade, é preciso que as familias e empresas galegas teñan beneficios e deixen de pagar a factura máis cara”.

Xunto coa posta en marcha dunha tarifa eléctrica galega, a proposta do BNG defende un IVE super-reducido do 4% en lugar do 21% que se aplica agora, “porque é un servizo básico e non un artigo de luxo”, segundo declarou Rubén arroxo, así como a supresión do imposto especial de electricidade.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo