" />

O BNG denuncia o gasto de máis de 16.000 euros dun só autobús que realiza quilómetros de máis na súa ruta

O voceiro do BNG ven de cuantificar o custo que tivo para Lugo “ignorar as advertencias do BNG no pasado mes de marzo en relación ás liña de buses que dan voltas na rotonda do fondo da av. de Madrid”. Os autobuses que pasan por diante da piscina das Pedreiras van dar a volta á rotonda da avenida de Madrid, na Tolda. A día de hoxe son 16.300 € o que lle custou ao concello este percorrido “inútil” a pesares da advertencia feita polo BNG o pasado 19 de marzo.

O voceiro do BNG no concello de Lugo explicou que “calculamos o que supón que as tres liñas, que pasan por diante da piscina vaian dar a volta á avenida de Madrid e non o fagan na rotonda existente a carón das piscinas como facían antes cando, ademais, esta rotonda xa foi ampliada no seu momento para que os buses puideran xirar alí”. Arroxo lembrou que “nin o goberno da explicacións nin a empresa cumpre cos cambios que tería que facer despois da última adxudicación”.

Rubén Arroxo explicou que este percorrido faise unhas 4000 veces ao ano, e son tres liñas diferentes as que fan este percorrido (1,7 e 10) o que supón que os autobuses dan unhas 12.000 voltas/ano “innecesarias” na rotonda da Av. de Madrid. Segundo Arroxo “o percorrido é duns 800 metros e esto fai que ao longo do ano sexan máis de 9.600 km e multiplicados polos 2,10 €/km que o concello lle paga á adxudicataria a cantidade total supera os 20.000 € anuais”. Para o BNG “esta é unha mostra máis do descontrol sobre os percorridos, liñas e custo do que lle supón ao concello o servizo de buses” e engadiu “resultado tamén do feito de non dar información sobre o novo contrato que continúa escondido no caixón da alcaldesa”.

Na zona das Pedreiras existen dúas paradas en menos de 30 metros, unha diante da piscina e outra diante da Facultade Humanidades. “Este percorrido extraordinario e a parada de diante a Facultade de Humanidades non figura nin na guía de buses oficial do concello pero si que figura á hora de abonarlle á empresa concesionaria máis de 20.000 € anuais” afirmou Arroxo. O BNG presentou os cálculos do sobre custo que supón para o concello este, aparentemente curto, desvío nos traxectos das liñas de buses e anunciou a publicación dun vídeo explicativo sobre este percorridos.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo