" />

O BNG esixe a limpeza das matogueiras nos sendeiros do Miño

O BNG pídelle novamente ás diferentes institucións competentes a limpeza das matogueiras existentes nas rutas e dos sendeiros que discorren polas beiras do río Miño. Para o voceiro da formación nacionalista, Rubén Arroxo “son cuestións de pouco custe e de grande uso, e que levamos tempo denunciando, polo que non se entende que isto continúe así e o goberno municipal debe de reclamar ás outras institucións implicadas o seu mantemento”.

Arroxo lembrou a grande cantidade de kilómetros de sendeiros que existen nas beiras dos diferentes ríos só no municipio de Lugo, algo que sinalou como “privilexio que poucos concellos poden aproveitar”. Con todo, apuntou que “de pouco serve termos estes espazos naturais se non existe preocupación polo seu coidado”.

O voceiro do BNG apuntou tamén que son moitas as persoas que, moi especialmente nesta época do ano, usan estas rutas “calquera día da semana podemos ver ducias de persoas camiñando, correndo ou indo en bicicleta por estes camiños”, malia a todo Arroxo ve con preocupación que a maleza chegue a cubrir case por completo algúns dos tramos, dificultando en boa medida o paso por eles, ou o estado de deterioro no que se atopan as pasarelas, facéndoas perigosas para o paso das persoas.

Arroxo tamén quixo recordar que o BNG levou unha iniciativa a pleno no pasado mes de decembro co fin de que as diferentes institucións mantivesen un coidado mínimo destes sendeiros, algo que na súa opinión está moi lonxe de cumprirse “semella que en vez de apostar polo coidado dos camiños para poder ser usados pola xente, o que se aposta é por medidas disuasorias a base de facer peches nos camiños con toxos e silvas para que as persoas non vaian”

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo