O BNG esixe no Parlamento Galego que non se pechen camas no Hula

O parlamentario do BNG, Cosme Pombo, ven de informar que a formación que representa levou ao Parlamento Galego unha iniciativa para evitar o peche de camas no HULA., “o número de camas que non van estar operativas durante a época estival deste ano 2015 vai ser de 1.015”.

Para o BNG “as políticas do PP, de recortes e privatizacións, teñen afogada á sanidade pública galega”. Pombo explicou que “neste contexto a Xunta de Galiza está incrementando ano a ano a súa política de peche de camas, especialmente na época estival, e isto ten moi graves consecuencias tanto no eido asistencial como no eido laboral”. O BNG insta á Xunta a realizar as contratacións e substitucións precisas de persoal para non proceder ao peche de camas nos centros hospitalarios do Sergas.

O representante do BNG asegurou que “no eido asistencial esta decisión vai significar unha maior dificultade ao acceso ás prestacións sanitarias por parte da poboación, aumento das listas de espera,saturación dos servizos de urxencias e unha moi importante repercusión na presión sobre os/as profesionais sanitarios/as para reducir o número de ingresos e rebaixar as estancias hospitalarias así como no emprego do sector sanitario” e afirmou que “o obxectivo final desta política sanitaria será máis derivacións de doentes a centros hospitalarios privados”.

 

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com