O BNG levará unha proposición ao pleno reclamando a remunicipalización do servizo de guindastre

O BNG – Asambleas Abertas defenderá no vindeiro pleno do Concello de Lugo unha proposición reclamando a remunicipalización do servizo de guindastre. Maite Ferreiro explicou que a concesión á actual empresa adxudicataria remata neste mes de decembro e “é o momento para que o Concello recupere este servizo que está a ser tremendamente deficitario e a súa concesión levou a Lugo a todos os medios de comunicación estatais polos procesos xudiciais nos que se viu inmersa”.

A iniciativa dos nacionalistas vai dirixida a que “o goberno municipal se poña a traballar para que a día 1 de xaneiro de 2016 o servizo de retirada de vehículos da vía pública se poña a funcionar con traballadores públicos e xestionado directamente por este Concello”.

Con esta proposición o BNG – Asambleas Abertas busca tamén un aforro económico. “Hai que lembrar que o concello de Lugo está a pagar preto dos 50.000 euros mensuais a unha empresa que está investigada en diversos procesos xudiciais” sinalou Maite Ferreiro.

Dende o BNG – Asambleas Abertas cifraron o deficit provocado por esta concesión dende o ano 2005, nunha cantidade próxima aos 4 millóns de euros e apuntaron a necesidade de “deseñar un servizo con persoal muncipal xa que as grúas xa son propiedade do Concello e non é precisa unha maior infraestrutura para que o concello asuma este servizo que fora privatizado no seu día polo PP”.

Maite Ferreiro apuntou que “a remunicipalización do servizo de retirada de vehículos pode ser un primeiro paso para, despois, continuar avanzando na recuperación dos servizos para a súa xestión directa” e engadiu que “contamos co apoio de todas as forzas políticas que teñen representación na coporación para dar este primeiro paso que significará un punto e aparte no xeito de facer as cousas neste concello”.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com