O BNG pide a apertura dalgún dos comedores escolares dos centros educactivos do concello durante o verán

O voceiro do BNG-AA no concello de Lugo, Rubén Arroxo, anunciou que presentará unha iniciativa no concello de Lugo para que o Goberno municipal impulse, dacordo con outras administaracións, a apertura dalgún dos comedores escolares dos centros educactivos do concello durante todo o verán.

Esta petición xurde “ante a situación que estamos a vivir e á cal Lugo non é allea”. Rubén Arroxo explicou que está solcitude non se fixo con anterioridade xa que non estaban constituidas as correspondentes comisións e “ata agora a oposición carecía de canles regulamentadas para reclamarlle ao goberno municipal calquera tipo de actuación”.

Arroxo dixo que “o obxectivo é asegurar que menores, de familias con dificultades económicas, non carezan dunha alimentación axeitada cando remate o curso escolar”. Rubén Arroxo sinalou que o goberno municipal deber artellar esta apertura dos comedores escolares de xeito que os xantares estén enmarcados dentro dalgún programa lúdico-formativo para contribuir a que as nenas e nenos disfruten deste servizo como unha actividade máis do verán.

Para materializar a apertura dalgún comedor no concello de Lugo habería diferentes posibilidades, segundo explicou Rubén Arroxo, “ou ben se podería abrir un comedor dos que son xestionados directamente pola consellería de educación, ou ben a Xunta podería dotar de fondos ao concello de Lugo para que se manteña aberto algún dos comedores, que nos centros públicos, xestiona o Concello”.

No concello de Lugo son catro os centros que contan con servizo de comedor xestionado pola propia Xunta de Galiza: o colexio Manuel Mallo Mallo de Nadela, o colexio Virxe da Soidade (Gándaras), o colexio da Ponte e o colexio de Casas. No resto de colexios públicos do concello de Lugo o servizo de comedor é prestado polo propio concello agás nos colexios do Sagrado Corazón, Quiroga Ballesteros e Paradai que carecen de comedor.

 

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com