O BNG pide un plan para atender a posible chegada de refuxiados procedentes de Siria

O BNG fixo un chamamento ao goberno local de Lugo para que estableza un plan de atención ás persoas ante “a posible chegada de refuxiados procedentes do conflito bélico de Siria”. Arroxo dixo que “non se pode agardar á chegada de persoas refuxiadas para tomar decisións, débese facer unha previsión” e engadiu que “unha administración como o Concello de Lugo debe ter a sensibilidade suficiente sobre este tipo de asuntos”.

Arroxo afirmou que o Concello deberá contactar con entidades humanitarias que xa están a colaborar na atención a refuxiados e inmigrantes “por que coñecen cales son as problemáticas a resolver e que medidas se deben tomar”, e advertiu que “non se debe utilizar este asunto e tachou de irresponsables aos que promoven o medo coa a chegada de inmigrantes e refuxiados e ameazan co efecto chamada”.

O voceiro do BNG – Asembleas Abertas lembrou que “Siria era un país estable ata fai moi pouco e neste momento vemos como os seus habitantes están a sufrir os desastres dunha guerra que non provocaron”, e engadiu que “unha situación coma esta pode xurdir en calquera país e lembramos como moitos galegos e galegas tiveron que exiliarse por motivos similares durante século XX baixo a o réxime franquista”. Arroxo apelou á “solidariedade internacionalista” e afirmou que “isto non é caridade se non unha obriga”.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com