O BNG presentou o cartaz co que pedirá o voto nas eleccións xerais

O BNG presentou nun acto a media tarde o cartaz co que pedirá o voto durante a campaña electoral ás eleccións xerais. “recuperar a voz propia en Madrid” é o obxectivo que Maite Ferreiro marcou como prioridade para o BNG para que “as galegas e galegos volvamos ter representación no congreso e no senado”. Militantes e simpatizantes do BNG apoiaron ás candidatas ao congreso, Maite Ferreiro, e ao Senado Pilar Prieto.

Na súa intervención, Maite Ferreiro apuntou que “a única forza que nos vai garantir iso é a presenza do BNG” e concretou “o voto ao BNG, ademais de garantir voz propia para Galiza, contribúe a garantir políticas sociais de esquerdas e facer posibel o que non se fixo: derrogar a reforma laboral, a lei mordaza”. Outra das nosas prioridades será velar polo cumprimento do pacto de estado contra a violencia de xénero.

Maite Ferreiro sinalou que “no actual contexto, sen maiorías absolutas, un dous ou tres deputadas do BNG son máis útiles para Galicia que 23 baixo a dirección de Casado, Iglesias ou Sánchez”. “Se o BNG está en Madrid, Galicia tamén estará representada” concluiu Maite Ferreiro e sinalou que “todas as persoas que nos escoitan entenden que tanto Euskadi como Canarias tiveron a oportunidade de representar os seus intereses”.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com