O BNG propón integrar o mural do Primo de Banksy como contido expositivo do Vello Cárcere

O voceiro do BNG no concello de Lugo, Rubén Arroxo, propuxo que o mural artístico feito no muro exterior do Vello Cárcere, no Cantiño Nemesio Cobreros, pase a formar parte da do contido expositivo deste espazo cultural municipal. Arroxo sinalou “está claro que se trata dunha manifestación de arte urbana, perfectamente encadrada no contexto do que significou este edificio, con contido simbólico, calidade artística e perfección estética”.

O mural artístico, asinado con pseudónimo de O Primo de Banksy, representa á figura de Alexandre Bóveda postrada no chan co texto A Derradeira Lección. “Nos muros deste edificio foron asasinadas persoas por un réxime fascista pola única razón de defender as súas ideas e unha sociedade máis xusta, igual que a figura que representou Castelao na súa obra a A Derradeira Lección do Mestre” dixo Arroxo. 

Rubén Arroxo apostou “por facer un oco para a arte urbana neste espazo e respectar este mural artístico que tivo un importante recoñecemento social e acadaou, de xeito masivo, a súa difusión a través da redes sociais e das novas formas de comunicación”. O BNG fará unha proposta formal para que o concello respecte e integre esta manifestación artística como parte do patrimonio da cidade.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo