A formación sostén que a infraestrutura podería aliviar a demanda de estacionamento en Fontiñas
O portavoz municipal do BNG, propuxo construír un aparcadoiro en altura na parte non edificable dunha parcela situada entre a rúa Primavera e o Carril das Flores. Segundo a formación nacionalista, a actuación permitiría aumentar a oferta de estacionamento nas proximidades do barrio de Fontiñas sen impedir o proxecto de vivendas previsto polo propietario do solar. O concelleiro lembrou que a Xunta “perdeu outra oportunidade” para crear un novo aparcadoiro en Fontiñas, recordando que no 2022 anunciara que ía facer un aparcadoiro en cada cidade, mais o Partido Popular decidiu levalo a Casás, onde asevera o portavoz está infrautilizado.
A proposta parte da posibilidade de levantar unha estrutura de tres alturas no espazo que non se destine á edificación residencial. Arroxo defendeu que esta fórmula permitiría aproveitar mellor a superficie dispoñible e responder á falta de prazas que, segundo o BNG, existe nesta zona da cidade.
.






