O BNG propón un novo percorrido para solucionar o problema da liña 5 do bus

O voceiro do BNG, Rubén Arroxo, trasladoulle ao goberno municipal unha proposta para rectificar o “catastrófico” desvío que se fixo da liña de buses cando comezaron as obras da praza da Milagrosa. Arroxo sinalou “os reiterados retrasos e incumprimentos de horarios e supresión de viaxes na liña 5 A Campiña – Abella, desde que se pechou ao tráfico a Praza da Milagrosa, como a continua perda de viaxeiros pola nula fiabilidade do servizo”.

A proposta consiste en que o bus da liña 5, desde avenida da Coruña, se dirixa á Abella baixando pola Rúa Tino Grandío e Lamas de Prado. Dende Lamas de Prado, o bus da liña 5 faría a mesma ruta coa actual liña 4 (Tolda – Abella). Con esta corrección do percorrido recuperaríase a fiabilidade e cumprir os horarios e frecuencias. “Persoas usuarias suxeriron que esta alternativa que consideramos axeitada mentres non rematan as obras na Milagrosa”, sinalou Rubén Arroxo.

“Coa implantación deste percorrido alternativo afórranse as voltas que da na actualidade ao impoñer o itinerario por Monte Faro e Illas Canarias co que se ampliou 1,5 km o percorrido, para converxer en Lamas de Prado, tardando máis tempo, e por riba perdendo usuarios, cando non, o bus circulando prácticamente baleiro”, explicou Arroxo e engadiu que “esto suporía unha aforro de cartos e un mellor servizo”. A zona da Milagrosa non quedaría desatendida, xa que hai liñas de bus que cubren a demanda de xeito razoable (aínda que mellorable) tanto pola avenida da Coruña como Camiño Real.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo