O BNG reclama no Concello e na Deputación o arranxo das infraestruturas de madeira no paseo do Miño e do Rato

O voceiro do BNG – Asembleas Abertas no Concello de Lugo, Rubén Arroxo, denunciou esta mañá o mal estado de moitas das estruturas de madeira situadas no paseo do río Miño e do Rato. Ediles do BNG no concello de Lugo e os Deputados na Deputación do partido nacionalista visitaron as pasarelas que “levan máis dun ano destrozadas sen que os gobernos fixeran nada ao respecto”. Durante a visita, os representantes do BNG recolleron queixas de usuarios da zona que, ademais da reposición das pasarelas, reclamaron melloras no mantemento e na limpeza .

Arroxo afirmou que “ademais de facer o mantemento necesario nos camiños e no seu entorno hai que acometer o arranxo das estruturas de madeira que, nalgúns casos, haberá que substituír xa que, ou ben desapareceron ou o seu estado non permite o arranxo”. O BNG trasladará esta petición tanto á Deputación como ao Concello para que se dea solución a esta demanda de moitos lucenses que son usuarios desta zona.

“Co bo tempo vaise incrementar o número de usuarios destes espazos de lecer e débense arranxar estas infraestruturas”, avanzou Rubén Arroxo quen asegurou que para o BNG o mantemento e coidado dos camiños e do seu entorno “é fundamental para que poidan se usados e disfrutados polas persoas que a eles se achegan”.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo