O BNG reitera a súa intención de darlle un uso productivo aos edificios municipais baleiros

O BNG – Asembleas Abertas anunciou hoxe por boca do candidato á alcaldía de Lugo, Rubén Arroxo, que teñen elaborados proxectos para todos e cada un dos edificios baleiros que hai no concello, e que dependenden das administracións públicas, coa finalidade de darlles uso e contido. “Solicitaremos de xeito claro a outras administracións que cumpran os seus compromisos con Lugo”.

Rubén Arroxo lembrou como en Lugo existen multitude de edificios “aos que non queren ou non saben sacar partido”. Temos os edificios da antiga Residencia, o Cuartel de San Fernando, a depuradora vella de augas residuais, a Fábrica da Luz, a Potabilizadora – Elevadora de Augas, o antigo edificio do Matadoiro e a Biblioteca da Piringalla”, sinalou. Durante a tarde, os nacionalistas, tiveron expostas fotografías destes edificios de titularidade pública que están dentro do concello de Lugo.

Arroxo sinalou que ademais dos proxectos xa coñecidos do BNG para a antiga Residencia ou o Cuartel de San Fernando, porán en marcha iniciativas para recuperar outros edificios. Arroxo afirmou que o antigo matadoiro pode aloxar almacéns e servizos municipais que agora están no parque de Frigsa, ou que poderían ser locais destinados ao tecido asociativo.

Rubén Arroxo tamén lanzou iniciativas para as estacións potabilizadora e a depuradora de augas residuais, que destinarán a iniciativas medioambientais e de caracter deportivo respectivamente. Arroxo dixo que “a antiga estación potabilizadora e elevadora de augas é o sitio perfecto para acoller un centro de interpretación do río miño e de protección da flora e da fauna” e  engadiu que “para a antiga depuradora de augas residuais podería acoller un centro de promoción de deportes alternativos e de natureza”.

En relación á Fábrica da Luz, Arroxo dixo que haberá que estudar en que situación se atopa todo o material e as obras que alí se fixeron para avaliar a viabilidade daquel proxecto, “abandoado polo PSOE, no que tantos cartos públicos se investiron”. Arroxo referiuse tamén á necesidade de rematar a biblioteca da Piringalla.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com