O BNG sarriao pide “unanimidade e coherencia” al pleno para eliminar as touradas

O Tenente-Alcalde e voceiro do BNG de Sarria pediu “unanimidade e coherencia” para rematar con este espectáculo “cruel e trasnoitado”. Efrén Castro referiuse á postura que os diferentes grupos políticos tomarán no pleno en relación á iniciativa do BNG para eliminar as touradas e o maltrato animal e pediu o apoio do resto da corporación. Para o BNG “non é entendible que forzas que se denominan progresistas non teñan unha postura clara cando a sociedade está pedindo a desaparción destes espectáculos sanguinarios”.

“Dende que o BNG está no goberno non houbo touros, cando teñamos a alcaldía rematará a polémica” dixo Efrén Castro. O voceiro do BNG e Tenente-Alcalde lamentou que “todos os anos Sarria sexa noticia por unhas touradas que non se celebran” e acusou ao PP e a “outras forzas” de tratar de aproveitarse politicamente de algo que unicamente “fai dano ao nome de Sarria”, “o BNG traballa, en positivo, para que Sarria avance e se sitúe no século XXI mentres que parece que hai quen quere volver ao pasado máis rancio”.

Mala imaxe para o Camiño de Santiago

Castro lembrou, tamén, o efecto negativo da celebración de touradas para as hostalería de Sarria e os negocios vencellados ao Camiño “cando se plantexou celebrar touradas nun concello próximo nas redes sociais e nas webs vencelladas ao Camiño de Santiago empezaron a activarse boicots ao consumo nesa vila polo feito de que alí se practicaba a tortura animal” e engadiu “temos que ter en conta que entre a maior parte das persoas que peregrinan existe unha alta sensibilización con estes temas e o feito de volver a celebrar touradas en Sarria podería ser moi lesivo para a economía da vila”.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com