" />

O BNG solicita que se desbraven as fincas urbanas

O BNG – Asembleas Abertas pídelle ao goberno municipal que busque solucións para que os predios abandonados se rocen,  “atopámonos fincas tan cheas de maleza que chegan a ocupar a propia beirarrúa impedindo o paso” dixo Rubén Arroxo. Dende o grupo nacionalista informan que nestes últimos días foron varios os veciños e veciñas que se puxeron en contacto co seu grupo para demandar ao goberno municipal solucións neste aspecto, onde sinalan que a situación máis preocupante dáse nos barrios xa de por si máis abandonados (Lamas de Prado, Feixóo, as Gándaras..). O portavoz municipal sinalou que hai unha lexislación que os propietarios deben de cumprir para evitar precisamente os problemas que se están a dar.

A maiores disto Arroxo tamén quixo mencionar que están a aparecer animais como roedores e réptiles que crían entre a maleza “xa hai quen viu saír ratas destas fincas, nalgúns puntos moi preto de zonas de xogos infantís ou de colexios”.

Dende o BNG-Asembeas Aberta aproveitaron esta problemática para volver lanzar a proposta que levaban no seu programa de goberno, crear hortos urbanos en fincas, que sendo propiedade do concello, estean en situación de abandono.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo