" />

O BNG solicita tamén a activación da comisión de festas do San Froilán neste primeiro trimestre

A concelleira do BNG, Maite Ferreiro, solicitou, como xa o fixera hiai uns días ACE,  que se convoque xa, a primeira xuntanza da comisión de festas San Froilán – 2016.

A edil lembrou que “así se falou nas xuntanzas da comisión de festas do ano pasado e a edil de cultura debe cumprir con este compromiso”. Ferreiro explicou que “o ano pasado todos os grupos coincidimos na necesidade de tratar e analizar con tempo as propostas para facer do San Froilán unhas festas participativas e atractivas”.

Ferreiro lembrou que “o ano pasado a comisión de festas foi un órgano estéril xa que soamente serviu para dar conta de decisións xa tomadas e os grupos da corporación apenas tivemos tempo para presentar propostas”.

A edil do BNG – Asembleas Abertas dixo que “é importante que se abran canles de participación para que os lucenses sintan estas festas como propias e se sintan participes da súa organización”. Tanto a elección das principais actuacións como o propio modelo das festas debe abrirse ao debate para “actualizalas, promocionalas e facer que o San Froilán siga a ser a gran festa do outono galego” dixo Maite Ferreiro.

 

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo