O BNG trasladará ás institucións “manter o servizo de atención primaria” no Centro de Saúde de Nadela durante o verán

O BNG en Lugo anunciou a presentación de iniciativas nas distintas institucións nas que conta con representación co obxectivo de garantir a continuidade do servizo de atención primaria no centro de saúde de Nadela, que atende a máis de 700 persoas usuarias.

Segundo a formación nacionalista, durante os períodos estivais a reorganización da asistencia sanitaria obriga a parte da poboación a desprazarse a outros centros de saúde para recibir atención. O BNG sinala que esta situación afecta especialmente ás persoas de maior idade e con problemas de mobilidade.

A organización destaca que leva varios anos trasladando esta problemática ás diferentes administracións e apoiando as mobilizacións promovidas pola veciñanza de Nadela en defensa do mantemento do servizo. n actual deste ámbito asistencial.

Para o BNG, a prestación da atención primaria resulta esencial para o funcionamento do sistema sanitario público. A formación reafirmou o seu apoio ás reivindicacións da veciñanza de Nadela e manifestou a súa preocupación pola continuidade da asistencia no centro de saúde durante os meses de verán.

Os nacionalistas sinalan que a incerteza sobre a prestación do servizo repítese cada ano e reclaman medidas que permitan garantir a atención sanitaria ás máis de 700 persoas adscritas ao centro de saúde de Nadela.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com