" />

O cabeza de lista de Cs por Lugo nas Xerais, preséntase ás primarias do partido para a Xunta

O enxeñeiro José Manuel Blanco eríxese no representante de moitos militantes que consideran que Cidadáns é un partido de centro, moderado e liberal que ten moito que aportar á sociedade galega e española e que a coalición ou integración co PP nas próximas elección autonómicas “será o final do partido” e sobre todo, dunha opción moderada e necesaria para Galicia.

Blanco defenderá, na carreira das primarias do seu partido, “volver ás orixes de Cidadáns, entre a socialdemocracia e a dereita moderada, a un espazo que aglutine maiorías polo centro”. Considera que o “escoramento á dereita vai facer afundir o barco” e que é momento, explica, primeiro de achicar auga e logo de fixar un rumbo.

A candidatura de Blanco será unha proposta de Cs en Galicia e dende Galicia para solucionar os problemas reais da xente: a sanidade, os maiores, a producción primaria, os montes, a cultura e o patrimonio natural, “que tanto sufrimento e preocupación lle causan aos galegos tralo paso destes gobernos de perfil plano”.

O candidato a primarias defende, por último, a utilidade do seu partido e considera que “Feijóo é un rehén de si mesmo que non ten máis interese que manterse como presidente. Non entende nin coñece a Galicia real e polo tanto tampouco a quere defender”. Cita como exemplos as grandes crises industriais e a descapitalización humana que queda tralos seus mandatos.

Novas relacionadas

Unha resposta

Deixa unha resposta
  1. Avatar
    Luis Díaz
    Feb 18, 2020 - 03:01 PM

    ¿moderado? anda oh , volvede pa casa (PP) ese tempo de adolescentes rebeldes xa rematou

    Reply

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo